NVDAUpdate Channel Selector
- Autor: Jose Manuel Delicado
- NVDA compatibility: 2023.3.4 and beyond
- Descargar versión estable
Este complemento permíteche descargar e instalar a última versión de NVDA do tipo escollido sen visitar ningunha páxina web nin usar o teu navegador web. É útil cando, por exemplo, precisas probar novas características nunha versión de desenvolvemento de NVDA e logo volver á publicación estable máis recente. Se probas regularmente versións de desenvolvemento de NVDA e adoitas instalalas no teu ordenador, aforrarás unha chea de tempo con este complemento. Se prefires probar as versións de desenvolvemento en modo portable mantendo a túa copia instalada de NVDA sen cambios, este complemento tamén é para ti.
Uso
Podes cambiar a canle de actualización de NVDA indo ó menú de NVDA, Preferencias, Opcións, categoría Update channel. Unha vez escollas a canle desexada e premas Aceptar, agarda á próxima verificación automática de actualizacións ou vai ó menú e escolle a opción "Procurar actualización...". Polo de agora, estas son as canles dispoñibles:
- Default (predeterminada): ésta é a canle por defecto utilizada pola túa versión de NVDA. Elixir esta opción é o mesmo que desactivar o complemento.
- Stable (estable): forzar o canle de actualización a estable. Útil cando queiras volver a unha versión estable dende unha versión de desenvolvemento.
- Rc e beta: ésta é a canle das versións beta. Recibirás a primeira versión beta unha vez se publique. Esta canle permíteche actualizar ás betas e candidatas a publicación.
- Alpha (alfa, versións de desenvolvemento): escolle esta opción para actualizar á última alfa. As versións de desenvolvemento alfa permítenche probar novas características, pero son algo inestables. Por favor, sé coidadoso.
- Disable updates (desactivar actualizacións, non recomendada): esta opción desactiva a canle de actualización. Se buscas actualizacións amosarase unha mensaxe de erro. Lembra que podes desactivar as actualizacións automáticas dende a categoría xeral das opcións. Utiliza esta opción só con fins de proba.
Obterase información sobre as actualizacións dispoñibles para cada canle en segundo plano cando se abra o panel de opcións. Preme tab para navegar a unha caixa de edición de só lectura, onde poderás ver esta información. Esta información actualizarase dinamicamente cando cambies o canle de actualización na caixa combinada. Se hai unha actualización dispoñible para a canle seleccionada, aparecerán unha ou dúas ligazóns a continuación da caixa de edición:
- Download (Descargar): preme a barra espaciadora nesta ligazón para abrilo no teu navegador web e descargar o último instalador.
- View changelog (Ver rexistro de trocos): preme a barra espaciadora nesta ligazón para o documento de Que hai de novo no teu navegador web. Para algúns canais, esta ligazón non se amosará.
Rexistro de trocos
Versión 1.4
- Traducións actualizadas.
- Compatible con NVDA 202231.
- Por razóns de seguridade, a versión mínima de NVDA establécese na 2022.4.
Versión 1.3
- Traducións actualizadas.
- Fixed a bug which prevented creating portable copies from alpha snapshots.
Versión 1.2
- Traducións actualizadas.
- Compatible con NVDA 2022.1.
- Por razóns de seguridade, a versión mínima de NVDA establécese na 2021.3.
- Parche para un erro no servidor de NV Access que causaba que se ofrecese a versión 2019.2.1 ó actualizar dende alfa a estable.
Versión 1.1
- Eliminados canais sen soporte.
- Traducións actualizadas.
- Engadida a información de actualizacións actualmente dispoñibles ó panel de opcións.
Versión 1.0
- Versión inicial.