Virtual Review

  • Autores: Rui Batista e equipo de complementos do NVDA
  • Descargar versión estable
  • Compatibilidade con NVDA: 2019.3 en diante

Este complemento permite ós usuarios do NVDA revisar un contido dunha ventá nunha caixa de texto, similar á virtualización de ventás do JAWS for Windows. Ten en conta, polo tanto, que esto é só unha comodidade para os usuarios e "non" remplaza aos excelentes modos de revisión do NVDA e o soporte da navegación de obxectos.

Uso

Preme nvda+control+w para abrir a Ventá de revisión virtual. Logo sinxelamente navega polo que se amosa no cadro de texto como o fas en calquera outro contido de texto. Podes premer escape para pechar a ventá de revisión virtual.

Cambios para 3.0

  • Require NVDA 2019.3 ou posterior.

Cambios para 2.3

  • Trocos internos para soportar versións futuras de NVDA.

Cambios para 2.2

  • Cando windows está minimizado ou se a ventá en primeiro prano non ten título, NVDA grabará este feito ao se amosar a ventá de revisión virtual.

Cambios para 2.1

  • Incluirase o título da pantalla baixo a revisión virtual.
  • Agora é posible revisar contidos de aplicacións Universal Windows Platform (UWP) en Windows 10 e na maioría de aplicacións modernas en Windows 8.x.
  • Ao obter contidos de pantalla para aplicacións modernas e universais, escoitarase un pitido indicando cando a revisión de ventá virtual está lista.

Cambios para 2.0

  • Nome novo: Virtual Review.
  • Debido a cambios en como se amosa o contido, requírese NVDA 2015.2 ou posterior.
  • Grazas ás novas características en 2015.2 e posterior, agora podes atopar texto en ventás virtualizadas.
  • Correxida a funcionalidade do complemento cas ventás que non son de consola.
  • Eliminadas algunhas liñas en branco inútiles no fondo da ventá da consola virtualizada.
  • Algúns axustes menores.
  • Engadidas Traduccións.

Cambios para 1.2

  • Soporte da virtualización das ventás da consola

Cambios para 1.1

  • Convertido o virtual revision a un complemento.

Cambios para 1.0

  • Versión Inicial