VLC Media Player

Este Complemento proporciona algunhas características de acesibilidade para VLC Media Player.

  1. Permite a navegación a través dos controis de reproducción usando Tab e Shift+Tab. Para activar un control seleccionado preme enter.
  2. Le información da barra de estado (preme I). O xesto pódese configurar nas preferencias do NVDA.
  3. Di o tempo transcorrido cando te movas cara atrás e cara adiante usando combinacións de teclas do VLC: Control máis frechas esquerda ou dereita para saltar 1 minuto e Shift máis frechas esquerda ou dereita para saltar 5 segundos. Podes establecer a verbosidade nas preferencias do NVDA. Tamén podes asignar un atallo de teclado para conmutar isto.
  4. Anuncia o estado cando se cambia o modo aleatorio (tecla R) e o modo repetir (tecla L).
  5. Hai algunhas ventanas e paneis que NVDA non é capaz de enfocar automaticamente cando se mostran. Preme Control+Tab para tentar traelos á fronte.

  6. Nota importante: Este complemento está optimizado para versións de VLC 3.0 e superiores; non funcionará correctamente con versións anteriores.

  7. Cuberto pola GNU General Public License. Consulta o arquivo COPYING.txt para máis detalles.