Win Wizard

  • Author: Oriol Gómez, Łukasz Golonka, current maintenance by Jakub Lukowicz
  • Compatibilidade co NVDA: 2019.3 en diante
  • Descargar versión estable

Este complemento permíteche realizar algunhas operacións na xanela enfocada ou no proceso asociado a ela. Ó matar un proceso, ou mostrar/ocultar unha xanela reprodúcese un pitido se a acción é exitosa. Se o atopas molesto podes desactivar estes pitidos dende o panel de opcións de Win Wizard dispoñible dende o diálogo de opcións de NVDA:

Ordes de teclas:

Todos estes comandos pódense reasignar dende o diálogo Xestos de entrada na categoría Win Wizard.

Ocultando e amosando xanelas ocultas:

  • NVDA+Windows+números do 1 ó 0 - oculta a xanela actualmente co foco na posición correspondente ó número premido
  • NVDA+Windows+frecha esquerda - móvese á pía anterior de xanelas ocultas.
  • NVDA+Windows+frecha dereita - móvese á seguinte pía de xanelas ocultas.
  • Windows+Shift+h - oculta a xanela actualmente co foco na primeira posición dispoñible
  • NVDA+Windows+h - amosa a última xanela ocultada
  • Windows+Shift+l - amosa a lista de todas as xanelas ocultas agrupadas por pía (ten en conta que se selecciona a última xanela ocultada)

Administrando procesos:

  • Windows+F4 - mata o proceso asociado coa xanela actualmente co foco
  • NVDA+Windows+p - abre un diálogo que che permite establecer a prioridade do proceso asociado coa xanela actualmente co foco

Ordes misceláneas:

  • NVDA+Windows+TAB - cambia entre xanelas de nivel superior do programa actual (útil en foobar2000, Back4Sure etc.)
  • CTRL+ALT+T - permíteche cambiar o título do programa actualmente co foco

Trocos:

Changes for 5.0.6:

  • Compatibility with NVDA 2024.1
  • Traducións actualizadas

Changes for 5.0.5:

  • Compatibility with NVDA 2023.2
  • Traducións actualizadas

Cambios para 5.0.4:

  • Compatibilidade con NVDA 2022.1
  • Agora é posible desactivar os pitidos de confirmación no panel de opcións do complemento
  • Traducións actualizadas

Trocos para 5.0.3:

  • Compatibilidade con NVDA 2021.1

Trocos para 5.0.2:

  • Primeira versión dispoñible dende o sitio web de complementos