Complemento para contar elementos do texto seleccionado

Uso

Este complemento anuncia o número de palabras, caracteres, parágrafos e liñas do texto seleccionado premendo control+Shift+F12. Tamén crea unha lista ordeada das palabras utilizadas e permite amosar as liñas que conteñen unha palabra.

En calquera editor de texto, ou nun documento virtual, por exemplo nun navegador web, nun PDF, no corpo dun email, etc., selecciona o texto desexado utilizando as ordes habituais para seleccionar texto e preme control+Shift+F12.

Para obter unha lista de palabras utilizadas, simplemente preme Control+Shift+f11.

Estas ordes pódense modificar no diálogo "Xestos de entrada" na sección "Revisión de texto".