WordNav

  • Autor: Tony Malykh
  • Descargar versión estable
  • Compatibilidade co NVDA: 2019.3 en diante

O complemento de NVDA WordNav mellora a navegación por palabras integrada, e engade ordes adicionais de navegación por palabras con definición diferente para a palabra.

A maioría de editores de texto soportan as ordes Control+FrechaEsquerda/FrechaDereita para navegación por palabras. Porén, a definición da palabra cambia dun programa a outro. Isto é especialmente certo en editores modernos baseados en web, como Monaco. NVDA debería coñecer a definición de palabra nun programa dado para ler as palabras correctamente. Se NVDA non coñece a definición exacta, entón as palabras ou ben se saltan, ou ben se pronuncian múltiples veces. Aínda máis, algúns editores de texto baseados en web posicionan o cursor ó final da palabra, no canto de no principio, facendo a edición moito máis complicada para usuarios con discapacidade visual. Para combater este problema creei ordes melloradas de navegación por palabras, que teñen en conta a definición de palabra de Notepad++ e non confían na definición de palabras de cada programa, e codifican liñas en palabras no lado de NVDA. O xesto Control+FrechaEsquerda/FrechaDereita non se invía ó programa, asegurando así a consistencia da lectura.

Por favor ten en conta que anteriormente un prototipo de WordNav formou parte de Tony's enhancements add-on. Por favor desinstálao ou actualiza a Tony's enhancements latest stable version para evitar conflitos.

Actualmente WordNav soporta catro definicións da palabra, asignadas a diferentes xestos:

  • Control Esquerdo+Frechas: definición de Notepad++, que trata ós caracteres alfanuméricos como palabras, e os signos de puntuación adxacentes tamén se tratan como palabras. Ésta debería ser a definición de palabra máis axeitada para a maioría de usuarios.
  • ControlDereito+Frechas: definición de palabra de Fine, que separa camelCaseIdentifiers e underscore_separated_identifiers en partes separadas, permitindo dese xeito ao cursor que percorra longos identificadores.
  • ControlEsquerdo+Windows+Frechas: definición de palabra de Bulky, que trata case todos os signos de puntuación adxacentes ó texto como parte dunha única palabra, de xeito que tratará rutas como C:\directorio\subdirectorio\arquivo.txt como unha soa palabra.
  • ControlDereito+Windows+Frechas: definición de Multiword, que agrupa varias palabras nunha. A cantidade de palabras é configurable.

Os xestos pódense persoalizar no panel de opcións de WordNav.

Notas

  • Nestes momentos WordNav non modifica os xestos Control+Shift+FrechaEsquerda/FrechaDereita para selecionar palabras, xa que a implementación desas ordes é significativamente máis complicada.
  • Se queres utilizar a característica de escritorios virtuais de windows 10, por favor lembra desactivar os atallos de teclado Control+Windows+Frechas xa sexa no panel de opcións de WordNav, ou no diálogo Xestos de Entrada de NVDA.
  • WordNav non funciona de xeito confiable en VSCode, xa que por mor da súa optimización interna, VSCode só presenta unhas poucas liñas do contido do arquivo á vez, que cambian dinamicamente, e isto ocasionalmente interfire co algoritmo de WordNav.