Zoom Accessibility Enhancements

  • Autores: Mohamad Suliman, Eilana Benish
  • Descargar versión estable
  • Compatibilidade con NVDA: da 2018.4 á 2022.1

Este complemento mellora a experiencia de usar Zoom para usuarios do NVDA fornecendo atallos de teclas para manexar alertas para diferentes eventos durante unha reunión, facendo o proceso de control remoto moito máis accesible e amigable, e máis.

atallos de teclas para controlar alertas en reunións

  • NVDA + Shift + A: Cambia ciclicamente entre diferentes modos de anunciar alertas. Están dispoñibles os seguintes modos:

    • Modo de Anunciar tódalas alertas (Report all alerts), no que tódalas alertas se reportan coma sempre
    • Pitar para alertas (Beep for alerts), no que NVDA reproducirá un pitido curto para cada alerta que se amose en Zoom
    • Silenciar tódalas alertas (Silence all alerts), no que NVDA ignorará tódalas alertas
    • Modo Persoalizado (Custom), no que o usuario pode persoalizar as alertas que quere ter e as que non. Isto pode facerse utilizando o diálogo de opcións do complemento, ou utilizando os atallos de teclas dedicados para tal fin

Os seguintes atallos de teclas pódense usar para activar/desactivar os anuncios de cada tipo de alerta (ten en conta que isto será efectivo cando estea seleccionado o modo persoalizado):

  • NVDA + Ctrl + 1: O Participante Uniuse/Abandoou a Conferencia (Só anfitrión)
  • NVDA + Ctrl + 2: O participante Uniuse/Abandoou a Sala de Agarda (Só anfitrión)
  • NVDA + Ctrl + 3: Audio Silenciado polo Anfitrión
  • NVDA + Ctrl + 4: Vídeo Detido polo Anfitrión
  • NVDA + Ctrl + 5: Compartir Pantalla Iniciado/Detido por un Participante
  • NVDA + Ctrl + 6: Permiso de gravación Concedido/Revogado
  • NVDA + Ctrl + 7: Recibido Chat Público na Reunión
  • NVDA + Ctrl + 8: Recibido Chat Privado na Reunión
  • NVDA + Ctrl + 9: Subida de Arquivo na Reunión Completada
  • NVDA + Ctrl + 0: Permiso de Anfitrión Concedido/Revogado
  • NVDA + Shift + Ctrl + 1: Un Participante Levantou/Baixou a man (Só Anfitrión)
  • NVDA + Shift + Ctrl + 2: Permiso de Control Remoto Concedido/Revogado
  • NVDA + Shift + Ctrl + 3: Recivida Mensaxe polo Chat IM/MI

Ten en conta que debes deixar seleccionado o anuncio de tódolos tipos de alertas (nas opcións de accesibilidade do Zoom) para que o complementeo funcione como se espera.

Atallo de teclas para abrir o diálogo do complemento

NVDA + Z Abre o diálogo do complemento !

Neste diálogo podes:

  • Ver que alertas se anuncian e cales non
  • Seleccionar os tipos de alertas que queres que se anuncien
  • Escoller o modo de anunciado de alertas
  • Gardar os cambios persoalizados

Control remoto

unha vez concedido un permiso de control remoto, NVDA + O moverá o foco dentro/fóra da pantalla remotamente controlada

Ten en conta que o foco debería estar nun dos controis da reunión para que sexa posible controlar remotamente a outra pantalla

Unha nota Importante

Actualmente as características do modo persoalizado no que o usuario pode escoller que alertas queren ter e cales non funcionan con Zoom só cando o idioma da interface de usuario está configurado en inglés.