Calibre

Un complemento de NVDA con algunhas melloras de accesibilidade para a interface do administrador de libros electrónicos Calibre

  • F10 leva o foco á barra de ferramentas. Logo poderás navegar por ela coas teclas estándar (tab e frechas); enter para activar o elemento; a tecla aplicacións para amosar o menú de contexto e escape para saír da barra de ferramentas.
  • F12 procura o libro actual en Google
  • NVDA+alt+fin di o total de libros na visualización de biblioteca actual e o número seleccionado de libros
  • NVDA+control+H abre o menú de contexto de axustes da columna actual
  • I en visualización de biblioteca le a información do libro.

As teclas de atallo pódense persoalizar nas Preferencias do NVDA > Xestos de entrada cando o Calibre estea aberto. Tamén podes definir nas preferencias a maneira na que NVDA le os encabezados de columna na biblioteca (filas e columnas, só columnas ou ningunha).

Bótalle unha ollada á documentación de Calibre para coñecer máis atallos de teclado.

Cuberto pola GNU General Public License. Le o arquivo COPYING.txt para máis detalles.